Debo decir que non se me pasara pola cabeza poñerme a escribir nun blogg hasta prácticamente esta semana, despois de ver o Blogg de José de Torea.
Unha vez que o vin e leín as súas poesías, recoñezo que me animou a facer tamén a min un, sobre todo para dar a coñecer a quen visite este blog, a miña "producción literaria".
Tampouco creo que o tempo me permita traballar nel moi a miúdo, pero farase o que se poda.
Ata outra.
E por que non?
Cando era pequena, chamábanme moito a atención as coplas que facía Xosé de Torea, non coñecía moitas, pero si algunhas delas, e gustábame leelas, pois encantábanme as rimas.
Nun concurso do colexio eu fixera un intento de escribir algunha poesía e gañara un premio, unha caixa de platilinas, de ceras, ou algo así, o premio non o recordo moi ben, pero si o orgullosa que me sentira de gañalo.
Cousas da vida, agora o ver o blog deste mestre das coplas e das rimas eu pregúntome e por que non facer tamén eu a miña publicación?
Así nesta páxina tentarei amosar algunhas das miñas poesías, que foron escritas estes anos atrás a ver si vos gustan.
Por suposto quero ter presente a admiración por Xosé, que para min foi o meu referente nesta afición.

domingo, 14 de agosto de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario