E por que non?

Cando era pequena, chamábanme moito a atención as coplas que facía Xosé de Torea, non coñecía moitas, pero si algunhas delas, e gustábame leelas, pois encantábanme as rimas.

Nun concurso do colexio eu fixera un intento de escribir algunha poesía e gañara un premio, unha caixa de platilinas, de ceras, ou algo así, o premio non o recordo moi ben, pero si o orgullosa que me sentira de gañalo.

Cousas da vida, agora o ver o blog deste mestre das coplas e das rimas eu pregúntome e por que non facer tamén eu a miña publicación?

Así nesta páxina tentarei amosar algunhas das miñas poesías, que foron escritas estes anos atrás a ver si vos gustan.

Por suposto quero ter presente a admiración por Xosé, que para min foi o meu referente nesta afición.































































domingo, 14 de agosto de 2011

Os meus primeiros versos

O primeiro poema que eu lembro escribir foi no colexio de Carnota con motivo dun concurso. Non lembro todo o poema pero si algúns versos.

O río baixa do monte
e baixa moi caladiño,
e logo pasa entre as follas
con un marmurio baixiño.

E calado dille o vento,
o seu amigo ao ventiño,
non lle tires das folliñas
a aquel carballo velliño

No hay comentarios:

Publicar un comentario