E por que non?

Cando era pequena, chamábanme moito a atención as coplas que facía Xosé de Torea, non coñecía moitas, pero si algunhas delas, e gustábame leelas, pois encantábanme as rimas.

Nun concurso do colexio eu fixera un intento de escribir algunha poesía e gañara un premio, unha caixa de platilinas, de ceras, ou algo así, o premio non o recordo moi ben, pero si o orgullosa que me sentira de gañalo.

Cousas da vida, agora o ver o blog deste mestre das coplas e das rimas eu pregúntome e por que non facer tamén eu a miña publicación?

Así nesta páxina tentarei amosar algunhas das miñas poesías, que foron escritas estes anos atrás a ver si vos gustan.

Por suposto quero ter presente a admiración por Xosé, que para min foi o meu referente nesta afición.































































viernes, 22 de marzo de 2013

Tristura.

O corazón enrrugado de tristura.
A cabeza aturdida, traballando nos recordos.
O corpo teso, paralizado coa dor,
cheo de sufrimento e amargura.

Esta sensación xa a tiven antes
pero segue sendo dura e estrana.
Como si a alma estivera anestesiada
sen saber reaccionar ante a desgracia.

Teño lágrimas acumuladas na garganta
como unha fonte obstruída na saída.
Seguen acumuladas nesta gorxa
e non dan saído, a dor non se alivia.

O mundo segue ó redor, abre o día.
Debería sair o sol dando esperanza
pero dentro sigue a noite de tristura
e o único que queda é a lembranza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario