E por que non?

Cando era pequena, chamábanme moito a atención as coplas que facía Xosé de Torea, non coñecía moitas, pero si algunhas delas, e gustábame leelas, pois encantábanme as rimas.

Nun concurso do colexio eu fixera un intento de escribir algunha poesía e gañara un premio, unha caixa de platilinas, de ceras, ou algo así, o premio non o recordo moi ben, pero si o orgullosa que me sentira de gañalo.

Cousas da vida, agora o ver o blog deste mestre das coplas e das rimas eu pregúntome e por que non facer tamén eu a miña publicación?

Así nesta páxina tentarei amosar algunhas das miñas poesías, que foron escritas estes anos atrás a ver si vos gustan.

Por suposto quero ter presente a admiración por Xosé, que para min foi o meu referente nesta afición.































































miércoles, 22 de abril de 2020

Non lembrábamos que era a felicidade...

E a felicidade era...
saír a pasear á rúa
e darnos apertas e bicos, 
poder sorrirlle ós avós, 
ou sentar con eles un chisco.

E a felicidade era ...
que che dera o sol na cara,
escoitar aplausos ás oito
mentras saes a ventana,
ou facer xuntos un biscoito.

E a felicidade era...
xogar xuntos ó parchís, 
sen presa por ir durmir,
agocharnos pola casa 
e soñar con poder saír.

E soñar espertos 
con que os pes camiñan pola area,
e que as ondas nos acariñan as pernas.
Soñar con que damos unha aperta
a quen espera tanto por ela.

E soñar espertos
con vernos calquera día e sorrir xuntos,
Soñar con poder correr, saltar,
xogar cos amigos ou que nos molle a chuvia
e rirnos desto que nos está a pasar.

E a felicidade será volver a normalidade
pero sen perder de vista
que son as pequenas cousas,
as que realmente enchen a nosa vida
de verdadeira felicidade.