Podo pasarme horas lembrando a casa dos meus avós.
Recórdoa palmo a palmo e sinto morriña.
A cociña algo escura, con aquela ventaniña pousada no fregadeiro de pedra e ó lado aquel cucharón do que tanto me gustaba beber, nel á auga sabía diferente, riquísima....Cantas veces me berraron por beber do cucharon e canto máis me berraban máis me gustaba esa auga.
Ningunha auga volveu a ter o mesmo sabor que aquela.
Sentados ó lado da lareira, apoiados na artesa recordo ós meus tíos, a miña avoa, as risas, as historias, as cantareas...
Hasta lembro ó nos meus recordos máis profundos e confusos a Agustín da Barrosa comendo nunha cunca que lle puña miña avoa riba da artesa de madeira, xa non sei si o lembro si mo contaron, queda xa tan lonxe....
Saíndo da cociña en frente o cuarto da costura, lembro que me subían riba da mesa que estaba apoiada na parede e meus tíos contaban miles de historias, cousas súas, cousas de mocedade que eu non entendía, pero que ben se estaba...
De vez en cando xogaban conmigo e pasábanme dun salto á horta, que emocionante era, miña nai berráballes pero eles collíanme no brazo e voiábamos desde a ventana hasta a horta, saltando aquela zanxa que a min me parecía profundísima. Que recordos!!!
Neste cuarto estaban as máquinas de amendar cas latiñas de abanderado cheas de botóns, os libriños de Selecciones del Real Diggest, non si se chamaban exactamente así... o armario dos espellos cun caixón repletiño de zapatos, eu remexía alí e probaba a ver que tal me quedaban.
A meu tío Manolo e a meu tío Pepe gustáballes moito leer, para min eran uns heroes, traíanme contos, libros de fábulas, facíanme xogos, debuxabanme, aprendíanme adiviñas....
No cuarto de meus avos tamén había libros, recordo algús títulos, Guerra y Paz, El Padrino... ensinábanmos de refilón, como si de un tesouro se tratara...Eso creín sempre, que os libros son un tesouro.....
Gustabame xogar no cuarto das plantas, así lle chamaba eu, estaba no medio do piso de arriba e casi nunca me deixaban salir ó balcón, por medo a que caese, e había moitas plantas, algún de meus tíos me dixera que non se pode dormir nun cuarto con tantas plantas, que si dormías alí quedabas sin alento, que as plantas respiraban tamén. Seguramente naquel cuarto poidera pasar eso, había tantas, de tantas clases....A tía Gloria encantábanlle as plantas.
Un día Tiu Moncho estaba xogando conmigo no baño a peleas con toallas enrrolladas eu dáballe a el pero el non quería defenderse por medo a lastimarme eu daba cada vez máis forte e ó final soltoume él tamén un toallaso, vin as estrellas, ardiume o cu....despois sentoume nas súas pernas, consoloume e xa me pasou...
Abuelita deixábame subirme no repouso da ventana da cociña nova, coas pernas colgando vendo como sacaba auga quente da cociña de ferro, sería para darlle as vacas, non sei....
Lémbrome de vela facer queixos riba da mesa, de vela muxir as vacas na corte, con aquelas mans suaviñas... non me extraña que a vaca enfermara cando ela fora a Estados Unidos, a vaca estaba acostumbrada a aquelas mans de seda e aínda que Madrinita intentaba muxila de mil amores, a vaca non quería dar leite....
Lémbrome cando nos puña a asar as espigas de leite mentras lle quentaba a agua ás vacas, que boas estaban, ahora non saben a nada....
Lembrome do Eder, que se metía debaixo do carro na corte, o meu Eder....
Lembro a meu avó, sempre lle chamei Abuelito, daquela xa debía ver dibujos de Heidi, e ela chamáballe así o seu...e o meu eu tamén. Daquela abuelito a min parecíame altísimo e fuertísimo era para min o meu xigante defensor e por encima na sala había un bastón gordísimo que non sei moi ben para que era pero eu pensaba que con ese bastón defenderíanos a todos....De onde traerían o bastón ese?
Tia Gloria ven de Madrid e trouxo tamén unha colección de libros, era unha telenovela por fascículos, Simplemente María, eu de vez en cando botáballe un ollo....e había que ter moito coidado de que non se rompera pois sempre me decían, valo romper, valo romper!!!
Que recordos!!!
Que morriña!!!
E por que non?
Cando era pequena, chamábanme moito a atención as coplas que facía Xosé de Torea, non coñecía moitas, pero si algunhas delas, e gustábame leelas, pois encantábanme as rimas.
Nun concurso do colexio eu fixera un intento de escribir algunha poesía e gañara un premio, unha caixa de platilinas, de ceras, ou algo así, o premio non o recordo moi ben, pero si o orgullosa que me sentira de gañalo.
Cousas da vida, agora o ver o blog deste mestre das coplas e das rimas eu pregúntome e por que non facer tamén eu a miña publicación?
Así nesta páxina tentarei amosar algunhas das miñas poesías, que foron escritas estes anos atrás a ver si vos gustan.
Por suposto quero ter presente a admiración por Xosé, que para min foi o meu referente nesta afición.
Nun concurso do colexio eu fixera un intento de escribir algunha poesía e gañara un premio, unha caixa de platilinas, de ceras, ou algo así, o premio non o recordo moi ben, pero si o orgullosa que me sentira de gañalo.
Cousas da vida, agora o ver o blog deste mestre das coplas e das rimas eu pregúntome e por que non facer tamén eu a miña publicación?
Así nesta páxina tentarei amosar algunhas das miñas poesías, que foron escritas estes anos atrás a ver si vos gustan.
Por suposto quero ter presente a admiración por Xosé, que para min foi o meu referente nesta afición.
martes, 26 de marzo de 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario