E por que non?

Cando era pequena, chamábanme moito a atención as coplas que facía Xosé de Torea, non coñecía moitas, pero si algunhas delas, e gustábame leelas, pois encantábanme as rimas.

Nun concurso do colexio eu fixera un intento de escribir algunha poesía e gañara un premio, unha caixa de platilinas, de ceras, ou algo así, o premio non o recordo moi ben, pero si o orgullosa que me sentira de gañalo.

Cousas da vida, agora o ver o blog deste mestre das coplas e das rimas eu pregúntome e por que non facer tamén eu a miña publicación?

Así nesta páxina tentarei amosar algunhas das miñas poesías, que foron escritas estes anos atrás a ver si vos gustan.

Por suposto quero ter presente a admiración por Xosé, que para min foi o meu referente nesta afición.































































domingo, 14 de agosto de 2011

Prestige

Quero facer unha copla
coma José de Torea,
para que se entere o mundo
do que pasou nesta terra.

Sei que vai a ser difícil
pero ímolo intentar,
pois Torea era un mestre
neste arte de rimar.

Foi un día de Novembro,
nun día de temporal,
pero o mal tempo nesta costa
non nos ten porque estrañar.

Un gran barco petrolero
con bandeira de Bahamas
a altura de Muxía
daba unha señal de alarma.

Tiña un golpe nun costado
e por el saía fuel,
os mariñeiros da Barca
xa non o podían creer.

Rescatan ós tripulantes,
dentro queda o capitán,
para amañar a avería
nada pode facer xa.

¿Que se vai facer con el?
Os políticos discurren
pídenlle axuda ós técnicos
para que estes lles axuden.

Chaman ós remolcadores
e lévano para arriba,
pois o barco xa estaba
casi enfrente de Muxía.

Van con el cara ó Norte
mentras sopla o temporal,
quéreno alonxar da costa
pero o barco non dá mais.

No medio da maniobra
alguén cambiou de opinión
e agora toma rumbo sur
para arranxar a cuestión.

Todos teñen a intención
de mandalo ó "quinto pino"
e parece que querían
cargarlle o loro ós patricios.

E así déronlle un paseo
ó longo da nosa costa,
repartindo chapapote
desde unha punta hasta outra.

Decían que non chegaba,
que eran manchas moi pequenas
que estaba tan alonxado
que xa non chegaba a terra.

Pero os que non somos tolos
sabiamos a ciencia certa
que o mar bora todo fóra
que dentro del nada queda,

E a marea negra chegou
dende Caión a Fisterra
dende Cantabria ata a Guarda
enchendo todo de merda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario