E por que non?

Cando era pequena, chamábanme moito a atención as coplas que facía Xosé de Torea, non coñecía moitas, pero si algunhas delas, e gustábame leelas, pois encantábanme as rimas.

Nun concurso do colexio eu fixera un intento de escribir algunha poesía e gañara un premio, unha caixa de platilinas, de ceras, ou algo así, o premio non o recordo moi ben, pero si o orgullosa que me sentira de gañalo.

Cousas da vida, agora o ver o blog deste mestre das coplas e das rimas eu pregúntome e por que non facer tamén eu a miña publicación?

Así nesta páxina tentarei amosar algunhas das miñas poesías, que foron escritas estes anos atrás a ver si vos gustan.

Por suposto quero ter presente a admiración por Xosé, que para min foi o meu referente nesta afición.































































domingo, 14 de agosto de 2011

Orballo

Orballo,
fillo miúdo das nubes
desas nubes mourasque cubren o ceo
nas tardes quedas, e nas noites de inverno.

Lixeiro orballo,
a nevoa predica a túa chegada
e escomenzas a esvarar miúdo, calado,
por entre as herbas e as follas do carballo.

Sigue chorando,
sigue chorando lixeiro
nos pobos que pola mañá cedo, aínda adormiñados
na túa compaña espertan.

Cae orballo.
Sigue caendo, calado. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario